Breaking News
Loading...
jueves, 29 de noviembre de 2012

EXERCICIOS PARA MELLORAR A ATENCIÓN

2:17

ACTIVIDADES DE ATENCIÓN E MEMORIA VISUAL E AUDITIVA




EN QUE CONSISTE A ATENCIÓN E A MEMORIA?
              Son dúas capacidades moi importantes na aprendizaxe escolar  que están moi relacionadas entre si:para poder memorizar algo temos que prestarlle atención previamente.
·         Como todas as capacidades, pódense mellorar con adestramento.
·         Temos dous niveles :atención e memoria visual, é dicir, atender e recordar aquilo que vemos; e atención e memoria auditiva para aquilo que oímos.
·         Ainda que o seu fillo/a non necesiten mellorar ambas, o desenrolo destas actividades mellorará sen dúbida as súas capacidades.
·         Descartamos que teña dificultades visuais ou auditivas. Se é asi, o paso previo é corrixilas por un especialista.



COMO FACER AS ACTIVIDADES
·         Débense facer diariamente na casa.O tempo dedicado debe axustarse á idade do neno  e a súa capacidade para manter a atención.
·         Se é posible,comezar de 15 a 20 minutos diarios, variando sempre as actividades.
Expolas como partidas dun xogo: unha vez que o faga o pai ou a nai e outra o neno. Cada un pode partir con puntos (cartóns, chapas, fichas...) e, por acertos vaise gañando e por erros vaise perdendo



ACTIVIDADES DE ATENCIÓN AUDITIVA
O obxectivo destes xogos é prestar atención as cousas que oímos
“CHISPAS”
Eliximos unha palabra, pode ser unha palabra concreta ou un grupo delas(por exemplo”nomes de animais).
Vanse dicindo palabras soltas e cada vez que escoite a palabra elixida, o neno ten que dicir “ chispas”.
O XOGO DOS DISPARATES
Trátase de contar unha historia con disparates e teñen que descubrir cando aparecen.”Unha vez ía un coche voando…”
PALABRAS E XESTOS
Trátase de contarlle unha pequena historia e o neno ten que facer os xestos que lle digamos cando dicimos palabras concretas.Por exemplo: cando apareza a palabra “can” ten que ladrar”, cando apareza “comer”, ten que facer o xesto de comer….As primeiras veces so unha ou dúas palabras con xestos e pouco a pouco ir aumentando.

ACTIVIDADES DE MEMORIA AUDITIVA
O obxectivo do xogo é lembrar as cousas que escoitamos
BUSCAR CARTAS DA BARALLA
Pedirlle unha serie de cartas dun mazo.e poñelas no orden que dicimos.Exemplo: Busca o dos de ouros, o 7 de espadas e o 4 de bastos.
Ir aumentando as cantidades pouco a pouco e non llas recordar.
MANDAR ORDES
Mandar facer  2, 3 o as accións que decidamos: “Trae da cociña un vaso, un cepillo do baño e o pixama do teu cuarto”.
‘REPETIR SERIES
Díselle a’ao neno que repita unha serie de números ou palabras ditas: “cinco, tres, nove; agora ti”
Cando se dominen 3 ou 4 palabras ou números facelos en orden inverso.
CONTOS, POEMAS
Aprendelos e repetilos, favorece o desenrolo da memoria auditiva.


















ATENCION VISUAL
O obxectivo do xogo é atender as cousas que miramos
BUSCAR NUN DEBUXO
En debuxos con moitos elementos ( por exemplo publicidade do Super), xogar a buscar, por quendas, cousas concretas
NO COCHE
Xogar a buscar obxectos dende o coche: “ coches de cor blanco” ou “ sinais de prohibido adiantar””matriculas que leven un número determinado”….
XOGOS E PASATEMPOS INFANTÍS
Os puzzles, pasatempos infantís de unir puntos e formar debuxos, laberintos…
Xogar ao vexo-vexo.
Atopar as diferenzas entre dous debuxos.
Atopar o que falta en debuxos incompletos.
Xogar ao dominó
COPIAR FIGURAS
Sobre unha cuadrícula se poden facer figuras que ten que copiar en outra  cuadrícula valeira.

MEMORIA VISUAL
O obxectivo é recordar cousas que vexamos.
FACER PARELLAS DE
CARTAS
Colócanse cartas boca abaixo en filas. Levántanse dúas e se teñen que facer parellas(ouros, con ouros ou reis con reis) Se non atopan parella se poñen boca abaixo no mesmo sitio e perde a quenda.
FACER DEBUXOS
Mostrarlle un debuxo sinxelo durante dez segundos e intentar reproducilo.
PREGUNTAS SOBRE UN DEBUXO
Mostrarlle un debuxo con moitos detalles durante un tempo, e despois facerlle preguntas:” Había un coche? De que cor era tal cousa?; Cantas cousas había?”
















3 comentarios:

  1. Moi interesantes estas actividades ,algunhas xa as faciamos,pero ten por seguro que pouco a pouco as practicaremos todas.
    un saudo.

    ResponderEliminar
  2. A profesora do departamento de orientación fixo un gran traballo e pareceume que sería interesante para os pais e nais. Alégrome de que che gustase.

    ResponderEliminar
  3. (h)Gústame o enlace! A ver si cho copio! Ji, ji, ji.

    ResponderEliminar

 
Toggle Footer