Crea_tu_texto_en_purpurina_Aqui.
Despois da chocolatada, e tras un momento de descanso chegou a hora de celebrar todos xuntos o día da Paz. Normalmente facémolo fora, pero como chovía tivemos que facelo no pabillón municipal de deportes que está ó carón do colexio.
Tivemos bastante sorte e chegamos sen choiva.
Primeiro ocupamos os nosos postos nas gradas, para deixar alí a roupa que sobraba e despois distribuimonos por curso en tres xogos distintos: o lobo encadeado, á zapatilla por detrás e os bancos.
A mín tocoume realizar o xogo do lobo, e polo tanto non puiden sacar fotos, pero, en breve colgarei as que sacaron os compañeiros.
Despois volvemos as clases e subimos ó espacio común da primeira planta onde os pequenos de infantil cantamos unha poesía adicada á paz, e todos (grandes e pequenos) cantamos a canción de Roberto Carlos Eu quero ter un millón de amigos.
Déixobos as fotos:
0 comentarios:
Publicar un comentario